Licencia Creative Commons

Seguidores

O son e a meditación

Publicado por Maxiavida jueves, 22 de octubre de 2015



Un dos máis fermosos paradoxos que atopamos á hora de meditar é o de buscar o silencio interior a través do son. De forma natural, a mente aquiétase con axuda de sons que lle resultan agradables: o repenique da chuvia contra un cristal, o crepitar das lapas na cheminea, as ondas do mar sobre a area... Producen un estado de relaxación que conduce de xeito instintivo á serenidade interior, ao silencio, ao célebre "aquí e agora" inherente á meditación.
Probablemente a forma máis tradicional de empregar o son con este fin sexa o canto de mantras. A propia voz é o instrumento musical co que nos vinculamos máis facilmente e que xera unha vibración na parte superior do corpo (especialmente cráneo e gorxa) que induce á relaxación. Mentres a mente se concentra na repetición das palabras e a melodía, é máis fácil evitar as distraccións que traen de cabeza ás persoas que practican meditación. O Kirtan, a meditación yóguica a través do canto de mantras, é unha boa forma de iniciarse no camiño da meditación, xa que é asequible a todo o mundo (non se requiren coñecementos musicais, nin sequer cantar ben) e fácil de levar a cabo. Kundalini Yoga, o ioga da enerxía, emprega moito o potencial destes cánticos para que os seus practicantes entren en estado meditativo con rapidez.

Outro instrumento que utilizamos frecuentemente é a cunca tibetana. Estas peculiares campás invertidas producen armónicos que ecoan no organismo humano. A súa prolongada vibración fai das cuncas unha eficaz ferramenta en terapias de harmonización e incluso poden colocarse sobre músculos doridos e facelos soar para masaxear suavemente a zona afectada. Tamén se empregan cuncas de cuarzo e outros minerais. Estas emiten notas puras que poden resultar incluso molestas para algunhas persoas, por iso son máis populares as cuncas tibetanas, de metais preciosos combinados con precisión para conseguir que sexan ricos en harmónicos. Podemos incluír neste apartado as campás que, acompañadas do dorje, se utilizan en ceremonias budistas.

O uso do gong estase a facer cada vez máis frecuente e non é de extrañar, xa que é solemne e profundamente envolvente. Por algo se chaman "Baños de gong" as sesións grupais de terapia meditativa nas que se emprega.  Probablemente o máis coñecido sexa o Tam Tam Gong, de sonoridade intensa e rotunda, aínda que en sesións de ioga adote utilizarse o gong Zen, máis lixeiro; os gongs sinfónicos teñen un sonido aveludado, moi particular. E non debemos esquecer neste reconto los gongs planetarios; a súa afinación relaciónase cos planetas do sistema solar, ademáis da lúa e o sol. Unha meditación Puja Gong, que dura toda a noite, é unha experiencia inolvidable e transformadora.

Os instrumentos de percusión tradicional  son ferramentas estupendas para a meditación, por chocante que poida resultar a algunha xente; non só os sonidos suaves, sutís e exóticos son os que nos fan relaxarnos e desconectar. Tambores chamánicos, djembés, pandeiros, darbukas, tablas, txalapartas... vencéllannos co noso ser máis instintivo a través de ritmos sinxelos e vibracións orgánicas comúns a tódalas culturas. Tanto escoitar estes elementos (acompañando cantos ou sós) como tocalos nos axudan entrar en estados de semi-trance sen propoñérnolo.  Nas ceremonias de temazcal acompáñanse determinados cantos co son de tambores con esta finalidade.

Outros instrumentos imitan sons da natureza. Soen ser instrumentos rituais primitivos que se foron introducindo nas nosas meditacións: bastóns de chuvia, tambores oceánicos, kalimbas... Fan que a mente se traslade da nosa realidade cotiá e conecte con espazos máis cercanos ao noso ser primitivo.

Cada persoa resoa mellor cuns sons ou otros. O ideal é permitir que o noso instinto elixa uns ou outros instrumentos para así poder traballar con ellos. Sen esquemas, sen estructuras, coma xs nenxs (que, ao final, resultan ser moito máis sabixs que xs adultxs).

Se queredes experimentar os beneficios que os sons terapéuticos teñen sobre a nosa mente (e tamén sobre o noso corpo) tedes unha ocasión moi interesante o próximo sábado, 14 de novembro, de 17 a 19 horas no coworking La Estación ( c/María Berdiales, 39- 36203 VIGO). É un evento patrocinado por NaturPasión e impartido por Espazo Maxiavida (Ravideep Sherni Kaur- Patricia Rivas Gallego)

(artículo orixinalmente escrito en castelán e publicado no blogue de Naturpasión)

0 comentarios

Publicar un comentario