Seguidores

Hipopresivos: dándolle a volta aos abdominais

Publicado por Maxiavida lunes, 9 de noviembre de 2015 0 comentarios





Pregúntanme en ocasións as miñas alumnas que cómo me namorei dos hipopresivos, que son un traballo eminentemente físico, se sempre insisto na importancia do yoga pola súa visión da persoa desde unha perspectiva física, mental e espiritual. Que ten que ver isto coa "ximnasia hipopresiva" ou "abdominais hipopresivos" que soan a corpo, corpo e nada máis que corpo?

O primeiro que hai que aclarar é que o "corpo, corpo, e nada máis que corpo" non existe. Se correr non tivese un compoñente psico-emocional, as carreiras populares estarían desertas e a moda do "running" non existiría; o mesmo acontecería cos ximnasios (Faría "spinning" alguén se ao rematar unha agotadora sesión non se sentise a gusto e feliz?). Toda actividade física que realizamos repórtanos un beneficio mental, por iso cada vez máis persoas practican algún tipo de exercicio para "desconectar" ou "relaxarse".

Pero englobar os hipopresivos nese grupo de actividades de lecer non parece moi axeitado... Ou si, vexamos en qué consiste isto dos "abdominais ao revés".
Cómpre destacar que é un traballo respiratorio, e as persoas que practican Ioga ou Pilates (e moita outra xente tamén) entenderá a importancia que isto ten. A potente respiración diafragmática dos hipopresivos alternada con apneas consegue unha intensa osixenación do organismo sen que haxa fatiga, o cal nos proporciona unha grande sensación de ben-estar.

Por outro lado, é un traballo postural moi correctivo aínda que respetuoso. Cada postura é corrixida polo/a entrenador/a milimétricamente e adaptada á capacidade de cada persoa, por isto hai distintos niveis de intensidade. Este compoñente postural, sumado á eficacia da apnea respiratoria na tonificación do chan pélvico (empregando o diafragma durante a apnea coma se fose unha ventosa) fixo que moitas profesionais da fisioterapia levasen os hipopresivos ás súas clínicas.

Un elemento que se usa con frecuencia para promocionar o exercicio hipopresivo é a reducción do perímetro da cintura. Isto fai que moitas persoas consideren que é un traballo físico "para adelgazar", o cal non é de todo certo; non se puede negar que hai unha mellora moi notable do aspecto físico das persoas que practican hipopresivos: a corrección de la postura da columna unida á tonificación da musculatura abdominal devén nunha posición máis erguida e unha apariencia máis firme do abdome, pero non nos enganemos, que sen unha alimentación  axeitada non hai exercicio físico que faga milagres. Iso si, se acompañamos unha dieta de adelgazamento coa práctica de ximnasia hipopresiva, a nosa aparencia física mellorará con rapidez, de maneira que a desmotivación que adoita facer fracasar as dietas baseadas en bos propósitos non aparecerá (ou polo menos non o hará tan rápido).

Como colofón a esta lista de factores que me fan ser unha "low pressure friki" engado la elongación muscular na que se insiste case machaconamente  nos entrenamentos. A nosa vida cotiá fai que a maioría das persoas suframos acortamentos e contracturas musculares que requeren de estiramentos sostidos e o traballo de hipopresivos require dun alongamento constante de determinados músculos, así como da activación doutros que repousan demasiado debido ao sedentarismo. A corrección postural non pode darse sen este alongamento e estimulación muscular e, ao tempo, estas accións xeran un alivio profundo da tensión. No é necesario comentar que ao aliviar a tensión física, a tensión emocional redúcese en proporción, do mesmo xeito que acontece cando recibimos unha masaxe.

Como é de esperar, a práctica é o mellor elemento para poder xustificar os beneficios desta técnica. En poucas sesións o cambio na postura, na pisada e na musculatura abdominal é evidente; esta é a clave do éxito dos abdominais hipopresivos que, en palabras dos seus promotores máis coñecidos, son "moito máis que abdominais".

(Publicado orixinalmente en castelán en http://saludterapia.com)

| edit post

O son e a meditación

Publicado por Maxiavida jueves, 22 de octubre de 2015 0 comentarios



Un dos máis fermosos paradoxos que atopamos á hora de meditar é o de buscar o silencio interior a través do son. De forma natural, a mente aquiétase con axuda de sons que lle resultan agradables: o repenique da chuvia contra un cristal, o crepitar das lapas na cheminea, as ondas do mar sobre a area... Producen un estado de relaxación que conduce de xeito instintivo á serenidade interior, ao silencio, ao célebre "aquí e agora" inherente á meditación.
Probablemente a forma máis tradicional de empregar o son con este fin sexa o canto de mantras. A propia voz é o instrumento musical co que nos vinculamos máis facilmente e que xera unha vibración na parte superior do corpo (especialmente cráneo e gorxa) que induce á relaxación. Mentres a mente se concentra na repetición das palabras e a melodía, é máis fácil evitar as distraccións que traen de cabeza ás persoas que practican meditación. O Kirtan, a meditación yóguica a través do canto de mantras, é unha boa forma de iniciarse no camiño da meditación, xa que é asequible a todo o mundo (non se requiren coñecementos musicais, nin sequer cantar ben) e fácil de levar a cabo. Kundalini Yoga, o ioga da enerxía, emprega moito o potencial destes cánticos para que os seus practicantes entren en estado meditativo con rapidez.

Outro instrumento que utilizamos frecuentemente é a cunca tibetana. Estas peculiares campás invertidas producen armónicos que ecoan no organismo humano. A súa prolongada vibración fai das cuncas unha eficaz ferramenta en terapias de harmonización e incluso poden colocarse sobre músculos doridos e facelos soar para masaxear suavemente a zona afectada. Tamén se empregan cuncas de cuarzo e outros minerais. Estas emiten notas puras que poden resultar incluso molestas para algunhas persoas, por iso son máis populares as cuncas tibetanas, de metais preciosos combinados con precisión para conseguir que sexan ricos en harmónicos. Podemos incluír neste apartado as campás que, acompañadas do dorje, se utilizan en ceremonias budistas.

O uso do gong estase a facer cada vez máis frecuente e non é de extrañar, xa que é solemne e profundamente envolvente. Por algo se chaman "Baños de gong" as sesións grupais de terapia meditativa nas que se emprega.  Probablemente o máis coñecido sexa o Tam Tam Gong, de sonoridade intensa e rotunda, aínda que en sesións de ioga adote utilizarse o gong Zen, máis lixeiro; os gongs sinfónicos teñen un sonido aveludado, moi particular. E non debemos esquecer neste reconto los gongs planetarios; a súa afinación relaciónase cos planetas do sistema solar, ademáis da lúa e o sol. Unha meditación Puja Gong, que dura toda a noite, é unha experiencia inolvidable e transformadora.

Os instrumentos de percusión tradicional  son ferramentas estupendas para a meditación, por chocante que poida resultar a algunha xente; non só os sonidos suaves, sutís e exóticos son os que nos fan relaxarnos e desconectar. Tambores chamánicos, djembés, pandeiros, darbukas, tablas, txalapartas... vencéllannos co noso ser máis instintivo a través de ritmos sinxelos e vibracións orgánicas comúns a tódalas culturas. Tanto escoitar estes elementos (acompañando cantos ou sós) como tocalos nos axudan entrar en estados de semi-trance sen propoñérnolo.  Nas ceremonias de temazcal acompáñanse determinados cantos co son de tambores con esta finalidade.

Outros instrumentos imitan sons da natureza. Soen ser instrumentos rituais primitivos que se foron introducindo nas nosas meditacións: bastóns de chuvia, tambores oceánicos, kalimbas... Fan que a mente se traslade da nosa realidade cotiá e conecte con espazos máis cercanos ao noso ser primitivo.

Cada persoa resoa mellor cuns sons ou otros. O ideal é permitir que o noso instinto elixa uns ou outros instrumentos para así poder traballar con ellos. Sen esquemas, sen estructuras, coma xs nenxs (que, ao final, resultan ser moito máis sabixs que xs adultxs).

Se queredes experimentar os beneficios que os sons terapéuticos teñen sobre a nosa mente (e tamén sobre o noso corpo) tedes unha ocasión moi interesante o próximo sábado, 14 de novembro, de 17 a 19 horas no coworking La Estación ( c/María Berdiales, 39- 36203 VIGO). É un evento patrocinado por NaturPasión e impartido por Espazo Maxiavida (Ravideep Sherni Kaur- Patricia Rivas Gallego)

(artículo orixinalmente escrito en castelán e publicado no blogue de Naturpasión)

| edit post

Meditación Ho'oponopono: Harmonía que chega de Hawaii

Publicado por Maxiavida miércoles, 14 de octubre de 2015 0 comentarios


(Artículo orixinalmente publicado en castelán no blogue de http://naturpasion.com )

A meditación convírtese cada vez máis nunha necesidade vital e aos poucos buscamos maneiras de introducila na nosa cada vez máis axitada vida cotiá. Día a día vanse dando coñecer  máis técnicas meditativas que nos permiten mellorar a nosa saúde mental, emocional e tamén física e social.  Queremos mostrar distintos camiños polos que poder percorrer esta gratificante (aínda que ás veces non moi fácil) ruta pola meditación hacia a harmonía. Hoxe esta viaxe lévanps, estrañando o verán, cara o norte da Polinesia, ao arquipélago de Hawaii, onde nace o Ho'oponopono.

Tras este peculiar nome reside unha modalidade de meditación cada vez máis popular pola súa sinxeleza e facilidade de adaptación aos nosos costumes occidentais.

Ho'oponopono é un método de sanación espiritual ou, verquido a unha linguaxe máis terrea, unha maneira de acadar unha transformación nos nosos procesos mentais, de xeito que os nosos pensamentos se volvan máis positivos e os nosos sentimentos máis elevados e solidarios.

A técnica é tan sinxela como repetir unhas breves frases:

"Síntoo moito
Perdóame
Ámote
Grazas"

(En función das traduccións pode cambiar lixeiramente, pero o sentido é sempre o mesmo)
A repetición durará o tiempo que estimemos necesario,
A orde das frases non é importante. Tampouco  o feito de utilizalas todas; pode que nun momento dado resóenos máis repetir "Grazas", por exemplo. Con esta simple repetición traballamos sobre o noso subconsciente (en lengua hawaiiana "unihipilli") coa idea de reprogramar as nosas estructuras mentais, por iso esta eficaz técnica coñécese máis coma método de sanación que coma meditación.

Un dos grandes promotores da difusión do Ho'oponopono, o Dr. Len, define esta técnica coma "soamente o feito de mirarse para limpar o lixo que nos causan os problemas que temos en común con outras persoas"

É tan sinxelo que sería unha mágoa non probar, aínda que só sexa por uns días, a repetir cada vez que nos acordemos: "Síntoo moito. Perdóame. Ámote. Grazas".

| edit post