(Artículo orixinalmente publicado en castelán no blogue de http://naturpasion.com )
A meditación convírtese cada vez máis nunha necesidade vital e aos poucos buscamos maneiras de introducila na nosa cada vez máis axitada vida cotiá. Día a día vanse dando coñecer máis técnicas meditativas que nos permiten mellorar a nosa saúde mental, emocional e tamén física e social. Queremos mostrar distintos camiños polos que poder percorrer esta gratificante (aínda que ás veces non moi fácil) ruta pola meditación hacia a harmonía. Hoxe esta viaxe lévanps, estrañando o verán, cara o norte da Polinesia, ao arquipélago de Hawaii, onde nace o Ho'oponopono.
Tras este peculiar nome reside unha modalidade de meditación cada vez máis popular pola súa sinxeleza e facilidade de adaptación aos nosos costumes occidentais.
Ho'oponopono é un método de sanación espiritual ou, verquido a unha linguaxe máis terrea, unha maneira de acadar unha transformación nos nosos procesos mentais, de xeito que os nosos pensamentos se volvan máis positivos e os nosos sentimentos máis elevados e solidarios.
A técnica é tan sinxela como repetir unhas breves frases:
"Síntoo moito
Perdóame
Ámote
Grazas"
(En función das traduccións pode cambiar lixeiramente, pero o sentido é sempre o mesmo)
A repetición durará o tiempo que estimemos necesario,
A orde das frases non é importante. Tampouco o feito de utilizalas todas; pode que nun momento dado resóenos máis repetir "Grazas", por exemplo. Con esta simple repetición traballamos sobre o noso subconsciente (en lengua hawaiiana "unihipilli") coa idea de reprogramar as nosas estructuras mentais, por iso esta eficaz técnica coñécese máis coma método de sanación que coma meditación.
Un dos grandes promotores da difusión do Ho'oponopono, o Dr. Len, define esta técnica coma "soamente o feito de mirarse para limpar o lixo que nos causan os problemas que temos en común con outras persoas"
É tan sinxelo que sería unha mágoa non probar, aínda que só sexa por uns días, a repetir cada vez que nos acordemos: "Síntoo moito. Perdóame. Ámote. Grazas".
Meditación Ho'oponopono: Harmonía que chega de Hawaii
Publicado por
Maxiavida
miércoles, 14 de octubre de 2015
0 comentarios