Licencia Creative Commons

Seguidores

Hipopresivos: dándolle a volta aos abdominais

Publicado por Maxiavida lunes, 9 de noviembre de 2015 0 comentarios





Pregúntanme en ocasións as miñas alumnas que cómo me namorei dos hipopresivos, que son un traballo eminentemente físico, se sempre insisto na importancia do yoga pola súa visión da persoa desde unha perspectiva física, mental e espiritual. Que ten que ver isto coa "ximnasia hipopresiva" ou "abdominais hipopresivos" que soan a corpo, corpo e nada máis que corpo?

O primeiro que hai que aclarar é que o "corpo, corpo, e nada máis que corpo" non existe. Se correr non tivese un compoñente psico-emocional, as carreiras populares estarían desertas e a moda do "running" non existiría; o mesmo acontecería cos ximnasios (Faría "spinning" alguén se ao rematar unha agotadora sesión non se sentise a gusto e feliz?). Toda actividade física que realizamos repórtanos un beneficio mental, por iso cada vez máis persoas practican algún tipo de exercicio para "desconectar" ou "relaxarse".

Pero englobar os hipopresivos nese grupo de actividades de lecer non parece moi axeitado... Ou si, vexamos en qué consiste isto dos "abdominais ao revés".
Cómpre destacar que é un traballo respiratorio, e as persoas que practican Ioga ou Pilates (e moita outra xente tamén) entenderá a importancia que isto ten. A potente respiración diafragmática dos hipopresivos alternada con apneas consegue unha intensa osixenación do organismo sen que haxa fatiga, o cal nos proporciona unha grande sensación de ben-estar.

Por outro lado, é un traballo postural moi correctivo aínda que respetuoso. Cada postura é corrixida polo/a entrenador/a milimétricamente e adaptada á capacidade de cada persoa, por isto hai distintos niveis de intensidade. Este compoñente postural, sumado á eficacia da apnea respiratoria na tonificación do chan pélvico (empregando o diafragma durante a apnea coma se fose unha ventosa) fixo que moitas profesionais da fisioterapia levasen os hipopresivos ás súas clínicas.

Un elemento que se usa con frecuencia para promocionar o exercicio hipopresivo é a reducción do perímetro da cintura. Isto fai que moitas persoas consideren que é un traballo físico "para adelgazar", o cal non é de todo certo; non se puede negar que hai unha mellora moi notable do aspecto físico das persoas que practican hipopresivos: a corrección de la postura da columna unida á tonificación da musculatura abdominal devén nunha posición máis erguida e unha apariencia máis firme do abdome, pero non nos enganemos, que sen unha alimentación  axeitada non hai exercicio físico que faga milagres. Iso si, se acompañamos unha dieta de adelgazamento coa práctica de ximnasia hipopresiva, a nosa aparencia física mellorará con rapidez, de maneira que a desmotivación que adoita facer fracasar as dietas baseadas en bos propósitos non aparecerá (ou polo menos non o hará tan rápido).

Como colofón a esta lista de factores que me fan ser unha "low pressure friki" engado la elongación muscular na que se insiste case machaconamente  nos entrenamentos. A nosa vida cotiá fai que a maioría das persoas suframos acortamentos e contracturas musculares que requeren de estiramentos sostidos e o traballo de hipopresivos require dun alongamento constante de determinados músculos, así como da activación doutros que repousan demasiado debido ao sedentarismo. A corrección postural non pode darse sen este alongamento e estimulación muscular e, ao tempo, estas accións xeran un alivio profundo da tensión. No é necesario comentar que ao aliviar a tensión física, a tensión emocional redúcese en proporción, do mesmo xeito que acontece cando recibimos unha masaxe.

Como é de esperar, a práctica é o mellor elemento para poder xustificar os beneficios desta técnica. En poucas sesións o cambio na postura, na pisada e na musculatura abdominal é evidente; esta é a clave do éxito dos abdominais hipopresivos que, en palabras dos seus promotores máis coñecidos, son "moito máis que abdominais".

(Publicado orixinalmente en castelán en http://saludterapia.com)

| edit post